top of page

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste domingo, 11 de xullo

Foto del escritor: Laura Moure / IsmaelRSLaura Moure / IsmaelRS

Son seis os municipios libres de coronavirus e na comarca Terra de Melide

non hai ningún caso


Laura Moure/IsmaelRS/Xeral

DOMINGO, 11 XULLO

Seguimos informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 11 de xullo, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Son seis os municipios que non rexistran ningún caso de Covid-19: Dozón, Melide, Santiso, Boimorto e Toques e hoxe súmase tamén Sobrado dos Monxes. Os 17 municipios atópanse no nivel mínimo de restrincións.


Na comarca arzuana tal e como informa o Sergas, Boimorto é único municipio de esta comarca que se encontra libre de coronavirus. Mentres que Arzúa, O Pino e Touro atópanse nunha taxa entre 1 e 9 afectados dende fai varios días.


Na comarca dezana hai un único municipio libre de Covid: Dozón que non ten ningún caso dende hai días. Agolada, segundo a información do Sergas, está nunha taxa entre 1 e 9 contaxios. Lalín segundo a incidencia acumulada a 14 días ten entre 1 e 9 afectados, pero en concreto ten nove casos activos, tres máis ca días anteriores, como indicou este sábado o alcalde do municipio, José Crespo. E Silleda sube a 13 casos segundo a incidencia acumulada a 14 días como apunta o Sergas.


A comarca Terra de Melide é a única que está libre de Covid porque Melide, Santiso e Toques non teñen ningún caso dende hai días e o Sergas indica que hoxe Sobrado dos Monxes tampouco.


Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios teñen algún caso. Monterroso, Antas de Ulla e Palas de Rei, segundo a incidencia acumulada a 14 xornadas, ten entre 1 e 9 contaxios.

Fonte: Ecos da Comarca.

Este gráfico fai referencia aos datos de contaxios segundo a incidencia acumulada a 14 días e no caso de Lalín son os casos activos.


Limitacións por municipios

O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola covid-19, acordou:

  • Nivel alto de restricións para os concellos de Sarria, Illa de Arousa, Vilanova de Arousa, Vilagarcía de Arousa e Cambados.

  • Nivel medio serán de obrigado cumprimento nos concellos de Salceda de Caselas, Ribadavia, Barbadás, Ourense, Redondela, Pontevedra, Marín, Poio, Caldas de Reis e Culleredo.

  • Os restantes concellos galegos permanecerán no nivel medio baixo.



0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page