top of page

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste luns, 11 de abril

Foto del escritor: IsmaelRSIsmaelRS

Actualizado: 12 abr 2022

Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid


IsmaelRS/Xeral

LUNS 11 ABRIL

Comezamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 11 de abril, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid.


Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, todos os municipios teñen casos activos de covid. Arzúa conta con 19 casos activos, catro máis que fai 48 horas. Boimorto sitúase con 15 casos activos, catro máis que antonte. O Pino sitúase nunha escala entre 1 e 9 casos activos. Pola súa parte Touro conta con 12 casos activos, tres máis que fai 48 horas.


Na comarca dezá tódolos municipios contan con casos de Covid. Agolada, Dozón e Rodeiro sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos. Lalín conta con 37 afectados, cinco máis que antonte. Silleda conta con 25 casos activos, tres máis que fai 48 horas. Pola súa parte Vila de Cruces sitúase con 16 casos activos, un menos que antonte.

Na comarca Terra de Melide todos os municipios contan con casos activos. Melide sitúase con 16 casos activos, os mesmos que antonte. Santiso, Sobrado dos Monxes e Toques sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos.


Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios contan con casos de covid. Monterroso conta con 27 casos, dous máis que fai 48 horas. Palas de Rei conta con 12 casos activos, tres máis que antonte. Pola súa parte Antas de Ulla sitúase nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varias semanas.


 
 

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page