top of page

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste domingo, 10 de outubro

Foto del escritor: IsmaelRSIsmaelRS

Contamos con doce municipios libres de covid: Agolada, Antas de Ulla, Arzúa, Dozón, Melide, Monterroso, O Pino, Palas de Rei, Rodeiro, Santiso, Touro e Toques.


IsmaelRS/Xeral

DOMINGO 10 OUTUBRO

Comezamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 10 de outubro, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Contamos con doce municipios libres de covid: Agolada, Antas de Ulla, Arzúa, Dozón, Melide, Monterroso, O Pino, Palas de Rei, Rodeiro, Santiso, Touro e Toques.


Na comarca arzuana tal e como informa o Sergas, tres dos municipio están libres de covid: Arzúa, O Pino e Touro. Pola súa parte Boimorto sitúase nunha escala entre 1 e 9 casos.


Na comarca dezana contamos con tres municipios libre de casos Covid, é o caso de Agolada, Dozón e Rodeiro. Dende onte Vila de Cruces volve contar con casos, estando situado entre 1 e 9 afectados. Pola súa parte Lalín e Silleda está nunha escala entre 1-9 afectados dende fai varias xornadas.


Na comarca Terra de Melide hai tres municipios libres de casos: Melide, Santiso e Toques. Pola súa parte Sobrado dos Monxes está nunha escala entre 1 a 9 contaxios dende fai varios días.


COMARCA LIBRE DE COVID / Por último, na comarca da Ulloa contamos con todos os municipios libres de covid: Antas de Ulla, Monterroso e Palas de Rei.




0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page