top of page

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste domingo, 08 de agosto

Foto del escritor: IsmaelRSIsmaelRS

Un único municipio libre de coronavirus, os mesmos que fai 24 horas. Hoxe o municipio que máis casos rexistra é para Touro con dous novos contaxios


IsmaelRS/Xeral

DOMINGO, 08 AGOSTO

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 08 de agosto, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Un único municipio sen ningún caso de Covid-19: Dozón. Contamos con un municipio no nivel máximo (Monterroso), dous no nivel alto (Melide e Palas de Rei) e tres no nivel medio (Arzúa, Silleda e Touro) e os 11 municipios restantes atópanse no nivel mínimo de restrincións.


Na comarca arzuana tal e como informa o Sergas, Arzúa sitúase con 16 casos, dous menos que fai 24 horas, O Pino ten 28 afectados, seis menos que onte, Touro ten 24 afectados, dous máis que fai 24 horas, mentres que Boimorto atópase nunha taxa entre 1 e 9 afectados dende fai varios días.


Na comarca dezana hai un único municipio libre de Covid: Dozón. Rodeiro ten 14 casos activos, os mesmos que fai 24 horas. En Agolada, tal e como confirmou venres o concelleiro de Sanidade, Marcos Galego, hai un único caso activo; Lalín segundo a incidencia acumulada a 14 días ten 43 afectados, os mesmos que onte; Silleda ten 32 casos activos, os mesmos que fai 24 horas e pola súa parte Vila de Cruces rexistra 15 afectados, un máis que fai 24 horas.


Na comarca Terra de Melide todos municipios contan con casos activos: Santiso sitúase cunha taxa entre 1 e 9 casos; o Sergas indica que Melide ten 41 afectados, nove menos que fai 24 horas. Toques contabiliza entre 1-9 afectados, os mesmos ca onte, e pola súa parte Sobrado dos Monxes conta con 11 casos activos, os mesmos que fai 24 horas.


Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios teñen algún caso. Antas de Ulla segundo a incidencia acumulada a 14 xornadas, ten entre 1 e 9 contaxios. Pola súa parte, o municipio de Monterroso sitúase con 31 casos de Covid, dous menos que fai 24 horas. E Palas de Reis rexistra 30, os mesmos que fai 24 horas.

Fonte: Ecos da Comarca.

Este gráfico fai referencia aos datos de contaxios segundo a incidencia acumulada a 14 días e no caso de Arzúa, Lalín, Melide, Monterroso, O Pino, Palas de Rei, Silleda e Touro son os casos activos.

Limitacións por municipios

O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola Covid-19, acordou:

  • Nivel máximo de restricións para os concellos de Muros, Baiona, Burela, Foz, Viveiro, Monterroso, Meaño, O Grove e Sanxenxo.

  • Nivel alto de restricións nos municipios de Cambados, Boiro, O Barco de Valdeorras, A Pobra do Caramiñal, A Coruña, Ames, Arteixo, Cambre, Cariño, Culleredo, Ferrol, Santiago de Compostela, Ortigueira, A Laracha, Betanzos, Sada, Padrón, Teo, Cee, Pontedeume, Lugo, Chantada, Monforte de Lemos, Ourense, Verín, Bueu, A Guarda, Meis, Moaña, Mos, Pontevedra, Ponte Caldelas, O Porriño, Redondela, Soutomaior, Vigo, Melide, Carballo, Fisterra, Oleiros, Ribeira, Cervo, Ribadeo, Avión, Barbadás, O Carballiño, A Illa de Arousa, Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa, Marín, Poio, Gondomar, Nigrán, O Rosal, Barro, Portas, Valga, Vilaboa, Salvaterra de Miño, Tui, Xove e Palas de Rei.

  • Nivel medio serán de obrigado cumprimento nos seguintes concellos: Beariz, Boborás, Caldas de Reis, Maceda, Mondoñedo, Oroso, Pereiro de Aguiar, Pontecesures, Sarria, Silleda, Vilalba, Vilamartín de Valdeorras, Vimianzo, Bergondo, A Capela, Carnota, Cedeira, Corcubión, Coristanco, Curtis, Narón, Outes, Rianxo, Celanova, Coles, Monterrei, Pobra de Trives, Riós, A Rúa, Arbo, Cangas, A Lama, Ponteareas, As Neves, As Pontes, Arzúa, Tomiño, Ribadumia, Boqueixón, Laxe, Miño, Muxía, Oza-Cesuras, Neda, Touro, Tordoia, Cospeito, Outeiro de Rei, Xinzo de Limia, Catoira, Cuntis, Mondariz, Salceda de Caselas e Esgos.

  • Os restantes concellos galegos permanecerán no nivel medio-baixo.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page