Un único municipio libre de coronavirus, os mesmos que fai 24 horas. Hoxe o municipio que máis caso rexistra e Palas de Rei con 10 contaxios
IsmaelRS/Xeral
DOMINGO, 01 AGOSTO
Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 01 de agosto, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Un único municipio sen ningún caso de Covid-19: Dozón. Contamos con un municipio no nivel máximo (Monterroso), dous no nivel alto (Arzúa e Melide) e dous no nivel medio (Silleda e Toques) e os 12 municipios restantes atópanse no nivel mínimo de restrincións.
Na comarca arzuana tal e como informa o Sergas, Arzúa sitúase con 33 casos, dous menos que fai 24 horas, O Pino ten 37 afectados, os mesmos que fai 24 horas, Touro ten 12 afectados, un máis que fai 24 horas, mentres que Boimorto atópase nunha taxa entre 1 e 9 afectados dende fai varios días.
Na comarca dezana hai un único municipio libres de Covid: Dozón porque Rodeiro levaba uns días sen casos, pero onte sábado o alcalde, Rubén Quintá, anunciaba que volve haber un afectado. Agolada, tal e como confirmou antonte o concelleiro de Sanidade, Marcos Galego, segue tendo cinco casos activos; Lalín segundo a incidencia acumulada a 14 días ten 42 afectados, os mesmos que onte; Silleda ten 37 casos activos, tres máis que fai 24 horas e pola súa parte Vila de Cruces rexistra 13 afectados, os mesmos que fai 24 horas.
Na comarca Terra de Melide todos municipios contan con casos activos: Santiso sitúase cunha taxa entre 1 e 9 casos; o Sergas indica que Melide ten 62 afectados, dez menos que fai 24 horas, dende o concello onte indicaban: "O Concello de Melide solicitoulle a área sanitaria que valorase á realización dun cribado no noso concello para a detección de posibles asintomáticos". Toques contabiliza entre 1-9 afectados, un menos ca onte, e pola súa parte Sobrado dos Monxes atópase nunha taxa entre 1-9 afectados.
Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios teñen algún caso. Antas de Ulla segundo a incidencia acumulada a 14 xornadas, ten entre 1 e 9 contaxios. En concreto o Concello indicou este mércores que hai sete contaxios. Pola súa parte, o municipio de Monterroso sitúase con 52 casos de Covid, os mesmos que fai 24 horas, dende o Concello onte indicaban: "Continuamos ca contención do brote actual que padece Monterroso pois a situación está estable xa que onte non houbo ningún positivo e nos últimos catro días só 3 positivos máis, a pesar das numerosas PCRs que se están a realizar. Durante estes días xa se están a dar altas polo que o número de casos activos vai a baixar moi considerablemente". E Palas de Reis rexistra 33, dez máis que fai 24 horas.
Fonte: Ecos da Comarca.
Este gráfico fai referencia aos datos de contaxios segundo a incidencia acumulada a 14 días e no caso de Arzúa, Lalín, Melide, Monterroso, O Pino, Palas de Rei, Silleda e Touro son os casos activos.
Limitacións por municipios
O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola Covid-19, acordou:
Nivel máximo de restricións para os concellos de Muros, Baiona, Burela, Foz, Viveiro, Monterroso, Boiro, O Barco de Valdeorras, Cambados, Meaño, O Grove e Sanxenxo. .
Nivel alto de restricións en 48 municipios. Nomeadamente nos concellos da Pobra do Caramiñal, A Coruña, Ames, As Pontes, Arteixo, Cambre, Cariño, Culleredo, Ferrol, Santiago de Compostela, Ortigueira, Lugo, Chantada, Monforte de Lemos, Ourense, Verín, Bueu, A Guarda, Meis, Moaña, Mos, Pontevedra, Ponte Caldelas, Porriño, Redondela, Ribadumia, Soutomaior, Vigo, Melide, Carballo, Fisterra, Oleiros, Arzúa, Ribeira, Cervo, Ribadeo, Avión, Barbadás, O Carballiño, A Illa de Arousa, Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa, Marín, Poio, Gondomar, Nigrán, O Rosal e Tomiño. . .
Nivel medio serán de obrigado cumprimento nos seguinte 52 concellos: Beariz, Boborás, Caldas de Reis, Maceda, Mondoñedo, Noia, Oroso, Pereiro de Aguiar, Pontecesures, Ribadavia, Sada, San Cibrao das Viñas, Sarria, Silleda, Teo, Tui, Vilalba, Vilamartín de Valdeorras, Vimianzo, Bergondo, Brión, A Capela, Carnota, Cedeira, Cee, Corcubión, Coristanco, Curtis, Narón, Outes, Padrón, Pontedeume, Rianxo, Toques, Valdoviño, Barreiros, Rábade, O Valadouro, Celanova, Coles, Monterrei, Pobra de Trives, Riós, A Rúa, Arbo, Barro, A Cañiza, Cangas, A Lama, Ponteareas, As Neves e Vilaboa. .
Os restantes concellos galegos permanecerán no nivel medio-baixo.
Kommentit