top of page

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste domingo

Actualizado: 1 feb 2021

Laura Moure

DOMINGO 31 XANEIRO



Fonte: Ecos da Comarca


Continúan contabilizándose novos casos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, domingo 31, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas), pero hai que ter en conta que as cifras poden mudar en calquera momento.


Na comarca arzuana, en Arzúa descenderon en tres e rexistra 53 mentres que gañou tres O Pino e contabiliza 49; Boimorto continúa cunha taxa de entre 1 e 9 e Touro pasou de 21 a 19.


Na comarca dezana, Agolada tiña o venres 36 casos e hoxe descoñécese o dato exacto. Rodeiro e Dozón seguen cunha taxa de entre 1 e 9 afectados. Lalín rexistra hoxe 75, tres máis que fai 24 horas e en Vila de Cruces contabilízanse 65, unha decena máis ca onte. En Silleda levouse a cabo onte un cribado que tivo unha participación do 71% e deu un resultado de catro positivos, sumando en total 118.

Na comarca Terra de Melide, a localidade melidense pasa de 68 a 67 casos e un día máis Sobrado dos Monxes, Santiso e Toques continúan entre 1 e 9, xa que non se difunden as cifras concretas.


Por último, Antas de Ulla, na comarca da Ulloa, tamén segue entre 1 e 9 casos; en Monterroso ten 18, tres máis ca onte e Palas de Rei descendeu en dous e conta 74 casos.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page