Laura Moure
SÁBADO 30 XANEIRO
Fonte: Ecos da Comarca
Continúan contabilizándose novos casos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, sábado 30, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas), pero estes datos non están de todo actualizados e a fin de semana os municipios non coñecen o número exacto, polo que poden mudar.
Na comarca arzuana, Arzúa pasou de 54 a 56 e no Pino ascenderon en tres e contabiliza 46; Boimorto continúa cunha taxa de entre 1 e 9 e Touro subiu de 18 a 21 hoxe.
Na comarca dezana, Agolada tiña o venres 36 casos e hoxe descoñécese o número exacto. O Sergas sitúa a Dozón e a Rodeiro cunha taxa de entre 1 e 9; Lalín contabiliza hoxe 72, tres máis que fai 24 horas e en Vila de Cruces contabilízanse 55, catro máis.
Silleda é outro dos concellos do que non transcenderon datos concretos e onte tiña 123. De feito, hoxe levouse a cabo un cribado no que finalmente foron convocadas polo Sergas 1.400 persoas deste municipio, o dobre do previsto inicialmente. E rematou cunha participación do 71% e un resultado de catro positivos detectados, tal e como indicou o Concello ás 22:00 horas.
Na comarca Terra de Melide, na localidade melidense pasa de 66 a 68 casos e un día máis Sobrado dos Monxes, Santiso e Toques continúan entre 1 e 9, xa que non se difunden as cifras concretas.
Por último, Antas de Ulla, na comarca da Ulloa, tamén segue entre 1 e 9 casos; en Monterroso ten 15, catro máis ca onte e Palas de Rei aumentou nunha decena e conta con 76, entre os afectados o alcalde do municipio, Pablo Taboada.
Comentários