top of page
Foto del escritorecosdacomarca

Datos de Covid das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa en comparación con hai un mes

Neste tempo vese un pronunciado descenso na maioría dos concellos


Laura Moure

DOMINGO 28 FEBREIRO

Fonte: Ecos da Comarca


Chegamos ao final de mes de febreiro informando dos casos de coronavirus que seguen tendendo á baixa nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, domingo 28, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que as cifras poden mudar en calquera momento. Rodeiro, Dozón, Antas de Ulla, Santiso e Monterroso, non rexistran novos afectados. Ademais, gran parte dos concellos sitúanse nunha taxa de entre 1 e 9 casos. E hoxe traémovos unha gráfica onde comparamos as cifras de hoxe coas de hai un mes, onde vemos o gran descenso que se produciu na maioría dos municipios. Por iso é necesario seguir sendo prudentes e tomar todas as precaucións para que poidamos vencer a este virus e que o número non volva a subir.


Na comarca arzuana, Arzúa descende de 14 a 10 con respecto a hai 24 horas, pero fai un mes tiña 51 e O Pino, Touro e Boimorto seguen cun rango de entre 1 e 9 afectados. O 28 de xaneiro tiñan 39, 22 e 10 respectivamente.

Na comarca dezana, Dozón e Rodeiro continúan con cero afectados novos, tal e como indica o Sergas. Sen embargo, o grupo da oposición rodeirense Unidade por Rodeiro informaba esta semana que deron positivo dos alumnos do CPI de Rodeiro. Onte o exalcalde de Camba, Luís López, especificou que eses dous positivos oficialmente non computan como casos activos de Rodeiro porque non teñen médico nesta localidade e os positivos sempre se asignan ao concello onde se ten o médico. Fai un mes Dozón estaba cunha taxa de entre 1 e 9 e Rodeiro contabilizaba cinco casos activos.

Lalín baixa de 16 a 15 con respecto a hai 24 horas e o Concello de Silleda ten 21. Son cifras baixas se se comparan con hai 28 días que tiñan 63 e 119 respectivamente. E Vila de Cruces e Agolada seguen cunha taxa de entre 1 e 9 afectados. No municipio cruceño o 28 de xaneiro había 49 e no agoladés, 32 afectados.


Na comarca Terra de Melide, unha xornada máis tres municipios seguen cunha taxa de entre 1 e 9 afectados: a localidade melidense, Sobrado dos Monxes e Toques. Mentres que en Santiso tampouco se detectou ningún novo caso. Fai un mes todos se situaban cunha escala de entre 1 e 9 agás Melide que tiña 73.

Por último, Antas de Ulla e Monterroso na comarca da Ulloa contabilizan un día máis cero casos novos e Palas de Rei segue cunha escala de entre 1 e 9 casos. O 28 de xaneiro Antas rexistraba entre 1 e 9, Monterroso tiña unha decena e Palas, 57.


COMPARACIÓN DATOS DE HOXE CON RESPECTO A HAI UN MES

Fonte: Ecos da Comarca

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page