top of page

Datos de Covid das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste xoves, 18 de febreiro

Rexístrase un descenso xeneralizado con respecto a onte


Laura Moure

XOVES 18 FEBREIRO

Fonte: Ecos da Comarca


Continuamos informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, xoves 18, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou en algúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que as cifras poden mudar en calquera momento. Rodeiro, Dozón e Antas de Ulla seguen con cero casos e en xeral, a cifra manténse ou descende nos 17 concellos. Pero é necesario seguir tomando todas as precaucións para que poidamos vencer a este virus.


Na comarca arzuana tenden á baixa: Arzúa pasa de 53 a 42, un descenso importante con respecto a hai 24 horas; O Pino de 11 pasa a estar cunha taxa de entre 1 e 9 ao igual que Boimorto que onte rexistraba unha decena. E Touro segue cun rango de entre 1 e 9 afectados tamén.


Na comarca dezana, Dozón e Rodeiro continúan con cero afectados. Lalín, segundo o Sergas, baixa de 53 a 49; Silleda ten 43 casos activos, xa que de momento non trascenderon a cifra exacta de hoxe; Vila de Cruces descende de 22 a 14 e con respecto a Agolada o Sergas sinala que se sitúa cunha taxa de entre 1 e 9.


Na comarca Terra de Melide, os catro municipios sitúanse cunha taxa de entre 1 e 9 afectados. Houbo un descenso na localidade melidense xa que onte contabilizaba 13 casos e Sobrado dos Monxes, Santiso e Toques seguen con este rango desde hai semanas, segundo a información do Sergas.


Por último, Antas de Ulla, na comarca da Ulloa, contabiliza un día máis cero casos, Monterroso segue cun rango de entre 1 e 9 e en Palas de Rei descense nun caso e rexistra 11 afectados.

Fonte: Ecos da Comarca

0 comentarios

Σχόλια


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page