top of page

Datos de Covid das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, deste sábado 27 de febreiro

As cifras seguen sendo boas, pero temos que seguir sendo prudentes


Laura Moure

SÁBADO 27 FEBREIRO

Fonte: Ecos da Comarca


Chegamos a esta última fin de semana de febreiro informando dos casos de coronavirus que seguen tendendo á baixa nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, sábado 27, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que as cifras poden mudar en calquera momento. Rodeiro, Dozón, Antas de Ulla, Santiso e Monterroso, segundo o Sergas, non rexistran novos afectados. Ademais, gran parte dos concellos sitúanse nunha taxa de entre 1 e 9 casos. Pero é necesario seguir sendo prudentes e tomar todas as precaucións para que poidamos vencer a este virus.


Na comarca arzuana, Arzúa descende de 21 a 14 con respecto a hai 24 horas e O Pino, Touro e Boimorto seguen cun rango de entre 1 e 9 afectados. Cabe lembrar que Arzúa está no segundo nivel de restrincións e o resto, no terceiro.


Na comarca dezana, Dozón e Rodeiro continúan con cero afectados novos, tal e como indica o Sergas. Sen embargo, o grupo da oposición rodeirense Unidade por Rodeiro informaba antonte de que o mércores deron positivo dos alumnos do CPI de Rodeiro. Lalín baixa de 18 a 16 e o Concello de Silleda ten 24 casos activos, os mesmos que o día anterior. E Vila de Cruces e Agolada seguen cunha taxa de entre 1 e 9 afectados. Concretamente, no municipio agoladés onte eran tres os casos activos, segundo como informou o concelleiro de Sanidade, Marcos Galego, polo que hai un descenso con respecto a días anteriores. Todos estes concellos están no nivel tres.


Na comarca Terra de Melide, unha xornada máis tres municipios seguen cunha taxa de entre 1 e 9 afectados: a localidade melidense, Sobrado dos Monxes e Toques. Mentres que en Santiso, hoxe segundo o Sergas, tampouco se detectou ningún novo caso. De aquí Toques figura no primeiro nivel, Sobrado, no segundo, e o resto no mínimo.

Por último, Antas de Ulla, na comarca da Ulloa, contabiliza un día máis cero casos novos e Monterroso cero afectados novos mentres que Palas de Rei segue cunha escala de entre 1 e 9 casos. Todos están no nivel mínimo, é dicir, no terceiro.

Fonte: Ecos da Comarca


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page