Laura Moure
MÉRCORES 17 DE FEBREIRO
Fonte: Ecos da Comarca
Continuamos informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, mércores 17, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou en algúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que as cifras poden mudar en calquera momento. Rodeiro, Dozón e Antas de Ulla seguen con cero casos e en xeral, o número descende, aínda que con respecto a onte volve haber algunha subida. Por iso é necesario seguir tomando todas as precaucións para que poidamos vencer a este virus.
Na comarca arzuana hai un lixeiro aumento en dous municipios: Arzúa pasa de 51 a 53 e Boimorto deixa de estar cunha taxa de entre 1 e 9 e rexistra unha decena. Mentres O Pino mantense con 11 e Touro segue cun rango de entre 1 e 9 afectados.
Na comarca dezana, Dozón e Rodeiro rexistran cero afectados. Lalín, segundo o Sergas, baixa de 58 a 53 e o Concello informa que a día de onte, os últimos datos que manexa, son 61 os casos activos; Silleda ten 43 casos activos, xa que de momento non trascenderon a cifra exacta de hoxe e Vila de Cruces descende de 27 a 26. En Agolada o Sergas sinala que se sitúa cunha taxa de entre 1 e 9 e onte eran oito os casos activos segundo o concelleiro de Sanidade, Marcos Galego.
Na comarca Terra de Melide, na localidade melidense son seis menos os afectados, según o Sergas, e rexistra 12 e Sobrado dos Monxes, Santiso e Toques seguen entre 1 e 9, xa que non transcendeu o número concreto.
Por último, Antas de Ulla, na comarca da Ulloa, contabiliza cero casos, Monterroso segue cun rango de entre 1 e 9 e en Palas de Rei descense nun caso e rexistra 12 afectados.
Fonte: Ecos da Comarca
Comments