Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Datos de Covid das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste luns, 8 febreiro

Lalín, Vila de Cruces e Arzúa acollerán esta semana un cribado


Laura Moure

LUNS 8 DE FEBREIRO

Fonte: Ecos da Comarca


Continuamos informando sobre os casos de coronavirus nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, luns 8, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou en algúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que as cifras poden mudar en calquera momento.

Na comarca arzuana, houbo un descenso nos catro municipios. Arzúa pasa de 76 a 71; O Pino de 37 a 34; Touro de 14 a 13 e Boimorto de 10 a estar de novo cunha taxa de entre 1 e 9 afectados. O Concello de Arzúa anunciou esta tarde que se vai levar a cabo un cribado este xoves e venres no centro de saúde da localidade. Está dirixido a 960 veciños de entre 30 e 49 anos que serán citados por mensaxe.


Na comarca dezana, Dozón e Rodeiro seguen cunha taxa de entre 1 e 9. Hai un lixeiro aumento en Lalín que pasa de 87 a 90 e en Agolada que subiu de 22 a 25. Pola contra, dase unha baixada en Silleda que rexistra 92, cinco menos que hai 24 horas e Vila de Cruces que descendeu de 53 a 45. O Sergas realizará un cribado en Lalín este mércores en horario de tarde, que se prevé que continúe o xoves e o venres, no mesmo horario, atendendo a petición formulada hai uns días na Comisión Municipal da Covid pola responsable do centro e saúde e pola concelleira de Sanidade, tal e como indica o Concello lalinense. Terá lugar nas instalacións do Lalín Arena. O cribado aplicaráselle a unhas 2.500 persoas de entre 31 e 50 anos que se citarán previamente a través dunha mensaxe ao seu móbil. Pola súa banda, en Vila de Cruces tamén albergará un esta semana, tal e como informou o Concello cruceño. Será mañá, martes 9 de febreiro, e o mércores 10 no ambulatorio de Vila de Cruces en horario de 15:40 a 19:40 horas. Realizaranse aproximadamente 960 probas e as persoas que convoquen serán avisadas tamén por mensaxe.


Na comarca Terra de Melide, a localidade melidense pasou de 59 a 55 e Sobrado dos Monxes, Santiso e Toques seguen entre 1 e 9, xa que non transcenderon as cifras concretas.


Por último, Antas de Ulla, na comarca da Ulloa, tamén continúa entre 1 e 9 casos, Monterroso aumenta nun caso e queda con 16 e en Palas de Rei os casos baixaron en catro tendo así 46.

89 vistas0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE