Laura Moure
DOMINGO 7 FEBREIRO
Fonte: Ecos da Comarca
Continuamos informando sobre os casos de coronavirus nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, domingo 7, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas), pero hai que ter en conta que as cifras poden mudar en calquera momento.
Na comarca arzuana, Arzúa manténse cos 76 e no resto dos concellos hai unha baixada. O Pino pasou de 43 a 37, Touro de 17 a 14 e Boimorto de 12 a dez.
Na comarca dezana, Dozón e Rodeiro seguen cunha taxa de entre 1 e 9. Lalín, segundo o Sergas mantense con 87, aínda que o Concello fala que son 95 casos activos segundo os últimos datos de onte. Na capital dezana haberá un cribado entre o mércores e o venres e terá lugar no Lalín Arena. Faranse tests de antíxenos a veciños de entre 31 e 50 anos. Silleda volvo experimentar unha subida e contabiliza 97; Vila de Cruces rexistra un lixeiro descenso xa que pasa de 54 a 53 e Agolada manténse con 22. Pero hai que ser responsables e tomar todas as precaucións porque as cifras poden variar en calquera momento.
Na comarca Terra de Melide, a localidade melidense pasou de 62 a 61 e Sobrado dos Monxes, Santiso e Toques seguen entre 1 e 9, xa que non transcenderon as cifras concretas.
Por último, Antas de Ulla, na comarca da Ulloa, tamén continúa entre 1 e 9 casos, Monterroso segue con 15 e en Palas de Rei os casos baixaron nun afectado e rexistra 50.
Comments