Laura Moure
SÁBADO 6
Fonte: Ecos da Comarca
Continuamos informando sobre os casos de coronavirus nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, sábado 6, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou en algúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que as cifras poden mudar en calquera momento.
Na comarca arzuana, O Pino, Touro e Boimorto mantéñense coa mesma cifra de onte, con 43, 17 e 12 respectivamente. Mentres en Arzúa ascendeu en dous e ten 76 afectados.
Na comarca dezana, Dozón e Rodeiro seguen cunha taxa de entre 1 e 9. Lalín pasa de 87 a 85 e Silleda rexistra 90, sete menos que hai 24 horas. Pola contra, en Vila de Cruces tras a baixada importante de onte, hoxe segundo o Sergas, son 54, algo máis dunha decena. No caso de Agolada, onde hoxe se fixo un cribado, o concelleiro de Sanidade, Marcos Galego, informa que son 22 os casos activos, tres menos ca onte. Estaban convocados 900 veciños de entre 16 e 70 anos e segundo Galego asistiron 732 e tódolos resultados foron negativos.
Na comarca Terra de Melide, a localidade melidense pasou de 62 a 60 e hoxe acabouse o cribado que arrancou onte. Segundo o Concello fixéronse 1.107 probas aínda que eran 1.592 as persoas convocadas e houbo cero casos positivos. Mentres, Sobrado dos Monxes, Santiso e Toques seguen entre 1 e 9, xa que non transcenderon as cifras concretas.
Por último, Antas de Ulla, na comarca da Ulloa, tamén continúa entre 1 e 9 casos, Monterroso segue con 15 e en Palas de Rei os casos baixaron en catro tendo así 51.
Comments