top of page

Datos Covid das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste sábado 13 de febreiro

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Laura Moure

SÁBADO 13 FEBREIRO

Fonte: Ecos da Comarca


Continuamos informando dos casos de coronavirus das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, sábado 13, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou en algúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que as cifras poden mudar en calquera momento. O número está baixando con respecto ás anteriores semanas, pero é necesario seguir tomando todas as precaucións.


Na comarca arzuana, hai un lixeiro aumento en Arzúa que pasa de 51 a 54. Cabe recordar que no cribado realizado no centro de saúde desta localidade este xoves e venres houbo unha participación do 74,25% e detectáronse catro positivos. No resto de concellos hai un descenso: O Pino baixa de 19 a 16 e Touro de 11 pasa a estar cun rango de entre 1 e 9 afectados. Mentres que Boimorto segue coa taxa de entre 1 e 9 tamén.


Na comarca dezana, Dozón e Rodeiro seguen cunha escala de entre 1 e 9. Agolada continúa con oito e Vila de Cruces con 31, xa que de ambos municipios non transcenderon os datos exactos de hoxe. En Silleda o Concello informa que son 48 os casos activos e en Lalín rexístrase un lixeiro aumento de 72 a 74. Na capital dezana acabouse onte o cribado que arrancara o mércores e detectouse un único positivo e outro dubidoso que se deberá contrastar cunha PCR. A participación total foi do 70,5%, é dicir, asistiron 1.637 persoas das 2.320 citadas polo Sergas.

Na comarca Terra de Melide, na localidade melidense son sete menos os afectados con respecto a hai 24 horas e rexistra 27 e Sobrado dos Monxes, Santiso e Toques seguen entre 1 e 9, xa que non transcenderon as cifras concretas.


Por último, Antas de Ulla, na comarca da Ulloa, tamén continúa entre 1 e 9 casos, Monterroso descende en catro e queda con 12 e en Palas de Rei os afectados baixaron en once tendo así 15.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page