top of page
Perruquería Marisa.gif

Dase á fuga tras impactar contra un coche aparcado na parroquia cruceña de Merza

Ecos da Comarca/Vila de Cruces

Esta madrugada tivo lugar un accidente no lugar de A Moa, en Merza (Vila de Cruces), tal e como informa Protección Civil deste municipio.

O coche afectado. Autor: Protección Civil Cruces

Un vehículo impactou contra outro que estaba aparcado onde o cruce en dirección a Bascuas. "A consecuencia do impacto, o vehículo aparcado fóra da estrada, quedou caído sobre o terraplén dunha leira. E o coche que provocou o sinistro, douse a fuga", sinala Protección Civil.


Os donos do vehículo accidentado, leváronse unha sorpresa ao levantarse esta mañá, sobre as 9:30 horas , e ver o coche desta maneira en frente da súa casa.

"Tráfico levantou atestado, e dado que no sitio, quedaron algúns anacos do vehículo que provocou o accidente, cren que en breve, o localizarán", subliña Protección Civil.

861 visualizaciones0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
bottom of page