top of page

Dani Berdomás, co equipo dezá JRT Motorsport, no Campionato Galego de Rallis 2024

Ecos da Comarca/Deza

Os vixentes campións da Toyota Gazoo Racing Iberian Cup 2023, Dani Berdomás e Brais Mirón, únense ao equipo silledense esta tempada. Tras proclamarse gañador da Copa Suzuki Swift en 2018 e a Peugeot Rally Cup Ibérica en 2019, en 2023 Dani Berdomás pechaba o ciclo ao lograr vencer a competida copa Toyota.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

O Campionato Galego de Rallyes 2024 dará comezo con motivo do 28º Rally da Coruña, proba que se disputará a terceira fin de semana de marzo. Na cita herculina, ademais dos principais pilotos habituais do Campionato Galego de Rallyes, participarán Berdomás-Mirón a bordo dun Volkswagen Polo GTI R5 do equipo ArVidal Racing. Un vehículo ao que tratarán axustarse antes da proba de modo que poidan chegar ao rallye cun bo setup que lles permita unha rápida adaptación.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

“JRT Motorsport e os nosos patrocinadores habituais, ofrecéronnos o seu apoio para participar no Campionato Galego de rallyes nun coche de primeiro nivel. Ademais farémolo con ArVidal Racing, un equipo que coñecemos e coñécenos á perfección. O nivel aquí en Galicia é moi alto, algo que nos motiva aínda máis se cabe xa que é o que vivimos ano tras ano nas diferentes copas de promoción que disputamos a nivel nacional”.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page