top of page

Damián Paio, Olalla Garra, Armindo Salgueiro, Carlos Santos e Aitana Iglesias argallan un proxecto artístico

Este terá lugar durante a celebración da Algarabía 2025 de Lalín


Ecos da Comarca/Lalín

A Asociación Cultural O Naranxo de Lalín informa que nesta #Algarabía2025, que se celebrará do 5 ao 7 de setembro na capital dezá, os artistas Damián Paio, Olalla Garra, Armindo Salgueiro, Carlos Santos e Aitana Iglesias, traen un proxecto artístico aberto a todas aquela persoas creativas do pobo que poidan estar interesadas. Dito proxecto consistirá en instalacións, ao aire libre, ao longo da rúa principal e da rúa Joaquín Loriga, e tamén en espazos coma a praza das Pipas ou a Praza da Igrexa.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Calquera persoa que poida estar interesada en formar parte da iniciativa presentada pode falar directamente coas persoas organizadoras, ou porse en contacto coa asociación a través das súas redes redes sociais (Facebook: O Naranxo ou Algarabía / Instagram: onaranxo_lalin) ou ao propio correo da asociación (onaranxoac@gmail.com ) "dende onde vos poderemos redirixir ás persoas organizadoras para que poida informarvos de todo o referente a datas e espazos", explican.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

"É dato importante a ter en conta, é que a data límite para poder contactar para participar é o día 15 de agosto", remarca a asociación.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page