top of page

Dúas persoas trasladadas tras saírse da vía e chocar contra unha farola en Arzúa

Ecos da Comarca/Arzúa

O accidente de hoxe. Autor: Bombeiros Arzúa

Ao fío das 12:40 horas, un particular chamou ao 112 Galicia para avisar sobre unha saída de vía dun vehículo que acabou batendo contra unha farola, na N-547 pertencente a Teiraboa (Arzúa). Segundo o alertador, o condutor, ferido, conseguiu saír do vehículo mentres que o seu acompañante estaba atrapado no interior.

Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Bombeiros de Arzúa, Garda Civil de Tráfico e Protección Civil de Arzúa.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Trala súa chegada, os bombeiros realizaron a excarceración da persoa atrapada. Tanto el coma o condutor do vehículo precisaron da axuda dos profesionais do servicios sanitarios que, aínda que mobilizaron o helicóptero medicalizado, finalmente trasladaron aos feridos a bordo da ambulancia.

 
 
 

Hozzászólások


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page