Ecos da Comarca/Xeral

Ambas as dúas foron trasladadas ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC).
Segundo a información recollida no 112 Galicia, o accidente produciuse na Rúa Fraga Iribarne, á altura do Parque do Pasatempo, cando faltaban uns minutos para as sete desta tarde.
Publicidade
Así o explicaron as persoas que utilizaron o número único de emerxencias para solicitar asistencia para dúas persoas que foran alcanzadas por un vehículo.
Se ben as dúas estaban liberadas e accesibles, necesitaban atención sanitaria de urxencia debido ás lesións provocadas polo golpe. Deste xeito, os xestores do 112 pediron a colaboración dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, quen, posteriormente, trasladaron aos feridos ao Hospital da Coruña.
Publicidade
Tamén interviñeron os axentes da Policía Local e os voluntarios de Protección Civil da localidade.
Comments