top of page
Foto del escritorecosdacomarca

Dúas persoas resultaron feridas ao accidentarse co seu coche en Vila de Cruces

Ecos da Comarca/Vila de Cruces

Dúas persoas resultaron feridas ao accidentarse co seu coche en Vila de Cruces. Unha delas tivo que ser excarcerada polos equipos de emerxencias, xa que era incapaz de abrir a porta do lado do acompañante.

Pasaban escasos minutos da medianoite cando o 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través do persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Durante a comunicación, indicaban que había dúas persoas feridas no interior do vehículo. Con todo, un dos alertadores que chamou desde o lugar do accidente, á altura do campo da festa de Ollares, explicou que o condutor estaba liberado e accesible.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Deste xeito, mentres este era xa trasladado en ambulancia, os efectivos dos Bombeiros de Deza procederon a excarcerar á outra persoa ferida. Ambas foron finalmente evacuados ao centro hospitalario de referencia.


Neste operativo tamén participaron os axentes da Garda Civil de Tráfico e os voluntarios de Protección Civil de Vila de Cruces.



0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page