Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Dúas persoas resultan feridas, unha delas foi excarcerada, despois de colidir dous turismos no Pino

Ecos da Comarca/O Pino

Dúas persoas necesitaron asistencia esta tarde tras bater dous coches no termo municipal do Pino. Unha delas tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Arzúa, ao quedar atrapada no interior dun dos vehículos accidentados, para que fose atendida polos servizos sanitarios desprazados. Posteriormente, as dúas persoas feridas foron trasladadas ao centro médico de referencia.


O accidente tivo lugar no punto quilométrico 697 da N-634, ás catro e media. Foi, a esa hora, cando unha persoa particular contactou co 112 Galicia para alertar da colisión entre os dous vehículos.


Decontado, desde o CIAE 112 Galicia púxose a situación en coñecemento de Urxencias Sanitaria de Galicia-061, dos Bombeiros de Arzúa e da Garda Civil de Tráfico. Ademais, o 112 Galicia informou aos Bombeiros de Santiago.

Autor: Ecos da Comarca

1253 visualizaciones0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE