Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Dúas persoas que ían nun quad resultan feridas de consideración ao bater contra un coche en Sobrado

Ecos da Comarca/Sobrado dos Monxes

Dúas persoas que circulaban nun quad necesitaron asistencia urxente este mediodía tras colidir contra un coche en Sobrado.


O accidente produciuse no punto quilométrico 18 da AC-934, uns minutos despois das doce e media. A esa hora, o condutor do turismo implicado no sinistro contactou co 112 Galicia para dar conta da colisión. Segundo indicaba na súa chamada, as dúas persoas que circulaban no quad saíran despedidas por mor do impacto e engadía que a súa situación era de gravidade.

De xeito inmediato, os xestores do CIAE 112 Galicia solicitaron a intervención de Urxencias de Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico e do GES de Curtis. Segundo confirmaron ao 112 Galicia os servizos sanitarios, as dúas persoas feridas foron trasladadas a un centro hospitalario.

1809 visualizaciones0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE