top of page
Foto del escritorecosdacomarca

Dúas persoas perderon a vida logo dunha colisión entre dous coches en Ordes

Ecos da Comarca/Xeral

Dúas persoas perderon a vida logo dunha colisión entre dous coches en Ordes, tal e como informa o 112 Galicia. Os falecidos son os condutores de ambos vehículos, cuxos corpos encárganse de liberar os Bombeiros de Ordes. Outra persoa resultou ferida e foi trasladada en ambulancia ao hospital.

Cando faltaban dez minutos para as 7 horas, un particular contactou co 112 Galicia e explicou que os dous turismos acababan de chocar no quilómetro 30 da N-550, á altura da parroquia de Leira. Durante a chamada precisou que os vehículos quedaran no medio da estrada e que había polo menos unha persoa atrapada. Pouco despois, un dos implicados, que puido saír ao exterior polos seus propios medios, confirmaba esta información.


Publicidade

De inmediato, os xestores do 112 Galicia solicitaron a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Ordes, da Garda Civil de Tráfico e dos servizos de mantemento da estrada.


Cando chegaron ao lugar, os bombeiros comprobaron que eran dúas as persoas atrapadas, os condutores, cuxo falecemento foi confirmado polos profesionais sanitarios mobilizados a bordo dunha ambulancia. Ao mesmo tempo, un ferido foi evacuado ao centro hospitalario de referencia.


Publicidade

Ademais, desde o 112 Galicia púxose en coñecemento deste suceso ao Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE), dependente do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.  


Tal e como informa a Oficina de Prensa da Garda Civil da Coruña as vítimas son dous homes de 66 e 22 anos.



0 comentarios

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page