Ambos foron saídas de vía e unha tivo lugar en Grixalba e a outra en Cumbraos
Laura Moure/Sobrado
Este foi un sábado tráxico para o municipio de Sobrado dos Monxes no que en cuestións de horas faleceron dúas persoas tras sufrir sendos accidentes de tráfico.
Un home perdeu a vida na noite de onte despois de saírse da vía co seu turismo cando circulaba pola estrada que une as localidades de Teixeiro e Sobrado, na Coruña. Trátase do segundo accidente mortal no mesmo concello nas últimas 24 horas. O primeiro tivo lugar na EP-8005 moi preto das seis horas da pasada tarde. Neste caso, faleceu o copiloto, mentres que o condutor saíu polo seu propio pé.
No segundo sinistro, o equipo de urxencias sanitarias chamou ao 112 Galicia ao fío das 22:00 horas para informar dun accidente na parroquia de Cumbraos. Durante a comunicación cos xestores do 112, informaron que o vehículo sufriu unha saída de vía e o condutor, e único ocupante do vehículo, podía estar falecido. Ademais dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, ata o lugar desprazáronse os membros do GES de Curtis e os axentes da Garda Civil de Tráfico. Desafortunadamente, os equipos de intervención só puideron confirmar o seu falecemento.
Commentaires