Dúas persoas foron trasladadas logo de sufrir un incendio na súa vivenda en Santiago
- ecosdacomarca

- 28 ene 2025
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Xeral
O 112 Galicia recibiu o aviso por este incendio pouco despois das 5:00 horas desta madrugada. Segundo o que indicaba o alertador, estaba a arder súa casa, situada na rúa do Cotaredo. Eran catro os particulares que había cando comezou o lume.

Axiña, os xestores do 112 Galicia solicitaron a intervención dos Bombeiros de Santiago, así como da Policía Nacional e da Local.
Os servizos de emerxencias indicaron que o incendio parecera orixinarse nunha pota que quedou ao lume. A dotación de bombeiros concretou que, ademais da pota, as lapas danaron a campá extractora, mentres que o resto da vivenda viuse afectada polo fume.
Publicidade
O Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, tamén recibiu o aviso do 112 Galicia, pois foi preciso o traslado de dúas persoas ata o Hospital Clínico Universitario de Santiago.







Comentarios