Dúas persoas foron hospitalizadas tras caer nun depósito de xurro en Guitiriz
- ecosdacomarca
- 6 sept 2024
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Xeral
"Dúas persoas foron hospitalizadas tras caer nunha cisterna de xurro en Guitiriz", tal e como informa o 112 Galicia. O persoal da granxa onde ocorreron os feitos conseguiu sacar a unha delas, mentres que a outra foi rescatada polos servizos de emerxencias.

Ao fío das 21 horas do xoves, un traballador contactou co 112 Galicia para alertar de que dous compañeiros caeran nun depósito de xurro nas instalacións dunha granxa de porcos situada en Lagostelle, Guitiriz. Naquel momento, non conseguían velos nin contactar con eles.
Entón, os xestores do 112 Galicia solicitaron a colaboración de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Vilalba, do GES de Curtis, da Garda Civil e dos membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Guitiriz.
Publicidade
Como relataron os bombeiros ao 112 Galicia, un dos implicados realizaba tarefas de limpeza cunha máquina especial, tras acceder pola parte superior da cisterna. Unha vez dentro, a acumulación de gases impediulle saír de novo ao exterior.
Publicidade
Nese momento, outro traballador tentou rescatalo pero acabou esvarando e caendo tamén dentro da cisterna. Ambos inhalaron unha importante cantidade de gases. Así, unha vez rescatados, foron evacuadas en ambulancia ao Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA).
Comments