top of page

Dúas persoas foron excarceradas logo de colidir dous coches en Ames

6 feb 2025
1 min de lectura

Ecos da Comarca/Xeral

Dúas persoas foron excarceradas logo de colidir dous coches en Ames. Eran os condutores de cada vehículo, tal e como informa o 112 Galicia.

Foto de arquivo.
Foto de arquivo.

O primeiro aviso que chegou ao 112 Galicia foi arredor das 14:00 horas. A través del informouse dun choque frontal no quilómetro 6 da AC-544, con persoas feridas e atrapadas no interior dos turismos.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Sen agardar, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia compartíronse os datos do suceso co Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou ata o punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago, cos Bombeiros de Santa Comba e os de Boiro, co GES de Brión, coa Garda Civil de Tráfico e coa Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Ames.


Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

As dúas vítimas, que segundo os servizos de emerxencia na zona atopábanse feridos de gravidade logo do impacto, foron excarceradas polos membros do GES de Brión para que posteriormente fosen atendidas polo persoal sanitario.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page