
Dúas persoas feridas tras unha colisión entre dous vehículos en Lalín
O suceso ocorreu esta mañá no cruce das rúas do Areal e Penatoares
Ecos da Comarca/Lalín
Esta mañá produciuse un accidente de tráfico en Lalín no que se viron implicados dous vehículos. O Centro Integrado Atención Emerxencias (CIAE) 112 Galicia foi alertado ás 9:16 horas.

Tal e como informa o 112 foi unha colisión entre dous turismos no cruce da rúa do Areal e Penatoares. Como consecuencia do impacto, dúas persoas precisaron asistencia sanitaria.
Ao lugar desprazáronse a Policía Local, o GES de Lalín e Urxencias Sanitarias.