Os sucesos ocorreron case a mesma hora
Ecos da Comarca/Xeral
Este domingo dúas persoas resultaron feridas tras caer dun cabalo en distintas vilas. Ocorreu en Vedra e en Mesía, tal e como informa o 112 Galicia.

Eran preto das 14 horas de onte cando o 112 Galicia rexistrou a incidencia, localizada en San Fins de Sales. Un equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 dirixíase ao lugar dos feitos a bordo do helicóptero con base en Santiago. Sen embargo, a persoa puido, finalmente, trasladarse en ambulancia.
Publicidade
Co fin de colaborar cos sanitarios, desde o 112 Galicia, pediuse o apoio dos voluntarios de Protección Civil, así como dos axentes da Garda Civil e dos membros do GES da Estrada. Como consecuencia da caída, a persoa perdeu a consciencia e foi dirixida ao hospital.
Publicidade
Houbo outra caída de cabalo en Visantoña, Mesía. Neste caso, a persoa resultou ferida, pero estaba consciente. Este accidente tivo lugar case ao mesmo tempo que a anterior, apenas uns minutos antes.
Publicidade
Commentaires