Dúas persoas feridas nunha colisión na parroquia melidense de O Leboreiro
- ecosdacomarca

- 6 sept 2022
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Melide
Esta tarde rexistrouse un accidente no municipio de Melide sobre as 17:35 horas. En concreto, como informa o 112 Galicia, foi unha colisión por alcance na estrada N-547 a altura do quilómetro 43, no lugar do Couto, no Leboreiro.

Foi un particular o que alertou ao 112 e na chamada, segundo esta entidade, indicaba que o condutor dun dos vehículos tiña dor no pescozo.
Ata o lugar desprazáronse Urxencias Sanitarias, axentes da Garda Civil, Policía Local e Protección Civil da localidade. Tamén o 112 informou aos Bombeiros de Arzúa e ao Servizo de Mantemento de Estradas.
"Finalmente, indicáronos que foron trasladas en ambulancia dúas persoas dun mesmo vehículo", puntualiza o 112.







Comentarios