Dúas persoas feridas nunha colisión entre dous vehículos en Artoño, Agolada
- ecosdacomarca
- 16 feb
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Agolada
Este domingo rexistrouse un accidente de tráfico no municipio de Agolada. No mesmo víronse involucrados dous vehículos e saldouse con dúas persoas feridas.
Publicidade
O suceso ocorreu na parroquia de Artoño, na coñecida como estrada "vella" que comunica coa estrada de Brántega, no lugar de Ramil de Artoño. Tratouse dunha colisión frontolateral entre un coche e unha camión pequeno nunha curva.

O 112 Galicia foi alertado ás 14:50 horas polo sistema eCall dun dos vehículos, que é o sistema que automaticamente avisa ao 112 tras un accidente. "Nesa chamada non obtivemos información polo que alertamos a Urxencias Sanitarias e aos Bombeiros de Deza", sinala o 112.
Unha vez no lugar os Bombeiros non tiveron que actuar. "O accidente saldouse con dúas persoas feridas leves, as que viaxaban no coche, que foron trasladadas por un particular", indica o 112. Ata o lugar tamén se desprazou a Garda Civil de Tráfico, que dúas horas despois continuaba no lugar.
Comentários