top of page

Dúas persoas feridas nun accidente entre dous coches en Vila de Cruces

Ecos da Comarca/Vila de Cruces

Esta mañá produciuse un accidente no municipio de Vila de Cruces. O 112 Galicia foi alertado ás 12:20 horas. Víronse implicados dous vehículos e saldouse con dúas persoas feridas.

O accidente desta mañá. Autor: Protección Civil Cruces.

Tal e como informa Protección Civil de Vila de Cruces tratouse dun accidente frontolateral á altura do cruce de Cumeiro, ca saída do casco urbano. Resultaron implicados dous vehículos, un Audi A4, propiedade dun veciño de Carbia , e un Opel Zafira, dunha veciña de Larazo.


"O Zafira,que ía en dirección o cruce do tanatorio, impactou contra o Audi que saía do casco urbano dirección Carbia. No impacto resultaron feridos os ocupantes dos dous coches. No Zafira, unha muller de 48 anos, que conducía o coche, cun forte golpe no cuello e o peito, e no Audi, o conductor de 79 anos cun traumatismo na frente e cunha ferida aberta", informa Protección Civil.


Ambos foron trasladados polo 061 en sendas ambulancias ao hospital clínico de Santiago.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page