Ecos da Comarca/Melide
Dúas persoas que viaxaban nun turismo resultaron feridas ao precipitarse por un desnivel despois de saírse da vía cando circulaban pola AC-840, á altura do punto quilométrico 48, en Melide.
Ás 12:00 horas, un particular chamou ao 112 Galicia para informar dun accidente cun turismo na estrada que une Melide e Boimorto. Segundo o relato do alertador, o vehículo caeu por un terraplén e chocou contra uns arbustos. Debido á posición na que se atopaba o coche, os seus ocupantes poderían experimentar dificultades para abandonalo polos seus propios medios, tal e como informa o 112 Galicia.
Decontado, dende o 112 Galicia informouse da situación aos servizos sanitarios, aos Bombeiros de Arzúa, aos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local, ben como aos efectivos de Protección Civil de Melide.
Unha vez no lugar, os equipos de intervención informaron ao 112 que non foi necesario empregar o material de excarceración. Aínda así, tiveron que forzar unha das portas do vehículo para facilitar o acceso aos feridos.
Comments