Herminia supera xa as 1.200 inciencias en Galicia relacionadas coa meteoroloxía adversas
Ecos da Comarca/Xeral
O temporal actual segue a afectar ao territorio galego, acumulando xa un total de 1226 incidencias entre onte e hoxe, relacionadas cos episodios de meteoroloxía adverso e segundo os datos que se rexistraron no Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia.
A maioría destas incidencias tiveron que ver con pólas ou árbores en estradas, con máis de 600. Por outra banda, os equipos de emerxencias tiveron que intervir ata en 149 ocasións para evitar riscos. O número de derrubamentos que se rexistraron alcanzou os 45, mentres que as incidencias en relación a cables nas vías ou estradas chegou ata 95.

A provincia máis afectada ata o de agora foi A Coruña (493), seguida da de Pontevedra (476). Con menor impacto do temporal están Lugo (178) e Ourense (77). Do mesmo xeito, os concellos que máis sufriron as adversidades da borrasca foron Santiago de Compostela e a Coruña con 42 e 25 incidencias rexistradas, así como Vigo e Pontevedra con 86 e 30. En Lugo, os municipios máis afectados foron Burela e Mondoñedo con 15 ambos, mentres que no Barco de Valdeorras rexistráronse un total de 4.
Durante esta noite ocorreron varios sucesos a destacar. O primeiro deles tivo lugar en Cabral, onde dous vehículos bateron na A-55. Afortunadamente non houbo danos persoais.
Publicidade
En Lalín, pouco despois das 20:00 horas, dúas persoas resultaron feridas logo de caerlle o tellado da súa vivenda enriba, na Avenida de Montserrat, polo que foi precisa a intervención do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.
Durante cómpre destacar un novo accidente de tráfico motivado polas accións do temporal, vinte minutos antes das 7:00 horas na Laracha: un coche bateu contra unha árbore que estaba a cortar a estrada. Porén, non houbo que lamentar danos persoais.
Comments