top of page

Dúas persoas faleceron e tres resultaron feridas tras unha colisión con tres coches implicados en Vedra

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Xeral

Tal e como informa o 112 Galicia, dúas persoas perderon a vida e tres resultaron feridas nunha colisión en Vedra na que se viron implicados tres vehículos. Os efectivos do GES da Estrada tiveron que intervir para excarcerar os corpos sen vida das dúas persoas falecidas no accidente. Tratábase dos condutores de dous dos vehículos implicados, un home e unha muller, que chocaron frontalmente. Nun destes automóbiles viaxaba tamén outra persoa, que resultou ferida de gravidade. O terceiro coche circulaba detrás dun deles, e os seus dous ocupantes sufriron tamén feridas.

O sinistro tivo lugar contra as 23:20 horas de onte, xoves, no quilómetro 323 da N-525, na parroquia vedrense de Santa Cruz de Ribadulla. Diversos particulares alertaron ao 112 Galicia da gravidade do accidente, sinalando que había polo menos dúas persoas atrapadas nos vehículos.


Desde o 112 Galicia solicitouse de inmediato a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, do GES da Estrada, da Garda Civil de Tráfico e dos servizos de mantemento da estrada. Tamén se informou aos profesionais do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE), do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, para ofrecer asistencia psicolóxica aos familiares dos implicados, se fose necesario.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Ao chegar ao lugar, os equipos de emerxencia confirmaron que o accidente involucrara tres vehículos, deixando un balance de dúas persoas falecidas e tres feridas, unha delas en estado grave.


O GES da Estrada, pola súa banda, interveu para excarcerar os corpos das dúas persoas falecidas.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page