Dúas persoas falecen ao chocar co seu vehículo contra unha furgoneta de mantemento na A-6 ao seu paso por Lugo
- ecosdacomarca

- 5 ago
- 1 min de lectura
Ecos da Comarca/Xeral
Dúas persoas perderon a vida este mércores tras un grave accidente de tráfico rexistrado minutos despois das 16:30 horas na autovía A-6. O seu vehículo colidiu contra unha furgoneta de mantemento da estrada que se atopaba traballando no quilómetro 493, á altura da parroquia lucense de Bóveda, en sentido A Coruña.
Á súa chegada, os bombeiros sufocaron o incendio, pero os servizos de emerxencias só puideron confirmar o falecemento dos dous ocupantes. A circulación na autovía permanece cortada en sentido A Coruña mentres continúan traballando no lugar.

Varios particulares deron o aviso ao 112 Galicia, advertindo de que o vehículo no que viaxaban os falecidos acababa de incendiarse e da posibilidade de que houbera persoas atrapadas no interior.
PUBLICIDADE
Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Lugo e operarios de mantemento da vía. Tamén se informou ao Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE), do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, por se resultase necesaria a súa intervención.
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
Á súa chegada, os bombeiros sufocaron o incendio, pero os servizos de emerxencias só puideron confirmar o falecemento dos dous ocupantes. A circulación na autovía permanece cortada en sentido A Coruña mentres continúan traballando no lugar.
PUBLICIDADE










Comentarios