Dúas persoas evacuadas en helicóptero tras resultar feridas por unha vaca en Boimorto
- ecosdacomarca
- 25 dic 2023
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Boimorto

Dúas persoas de avanzada idade tiveron que ser trasladadas a bordo da aeronave medicalizada con base en Santiago de Compostela ao resultar feridas tras ser pisadas por unha vaca.
Publicidade
Faltaban dez minutos para as 13 horas da tarde de onte domingo cando o 112 Galicia recibía o aviso por parte de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 informando da mobilización do helicóptero tras o sucedido. Os feitos ocorreron na aldea Ribadiso da Fraga, ubicada na parroquia de Dormeá, en Boimorto.
Publicidade
Axiña, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias-112 Galicia informaron do sucedido aos axentes da Garda Civil e aos membros de Protección Civil de Boimorto.
Publicidade
Finalmente, as dúas persoas foron trasladadas polo helicóptero ao centro hospitalario de referencia.
Comments