top of page

Dúas menores e a súa nai foron trasladadas con síntomas de intoxicación por monóxido en Monterroso


Ecos da Comarca/Monterroso

Tres integrantes dunha familia, a nai e dúas menores, foron evacuadas esta madrugada con síntomas de intoxicación por monóxido de carbono provocadas por unha mala combustión da caldeira que se atopaba na cociña da vivenda situada na Rúa Nova, na parroquia de Esporiz, Monterroso, Lugo.

Foto de arquivo.

Pasados dez minutos das 2:00 horas, informouse ao 112 Galicia desde Urxencias Sanitarias de Galicia-061 dun posible escape de gas nun domicilio. Engadía no seu relato, que unha nai e dúas fillas menores de idade tiñan síntomas de intoxicación por inhalación de monóxido.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias-112 Galicia, puxeron en alerta aos Bombeiros de Chantada, aos membros do GES de Monterroso e aos axentes da Garda Civil.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Tras chegar ao punto, ventilar o inmoble e facer as correspondentes medicións, os bombeiros e os membros do GES confirman que a mala combustión da caldeira puido ser a causa da intoxicación. Así mesmo, o persoal sanitario confirmou o traslado das dúas menores e a súa nai ao centro hospitalario de referencia.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page