top of page

Dúas granxas de Nudesa, nominadas aos "Óscars" do sector porcino

Ecos da Comarca/Deza

Este ano, dúas das granxas de Nudesa de nais están nominadas aos prestixiosos premios Porc d'Or, coñecidos como os "Óscars" do sector porcino.

Fonte: Nudesa.
  • Nudesa Expocutrín, situada en Vedra, está nominada ao Premio Taxa de Partos, "un galardón que xa temos tido a honra de gañar en numerosas ocasións", sinala a empresa silledense.

  • Nudesa Bendoiro (Lalín) está nominada ao Premio Especial #OneHealth, "a primeira vez que somos nomeados nesta categoría. Este premio busca recoñecer o enfoque integral de Unha Soa Saúde, promovendo a produción eficiente e o uso responsable de antibióticos nas granxas porcinas".


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Os Premios Porc d'Or, organizados polo IRTA, son un referente no sector, destacando a excelencia e as mellores prácticas na produción porcina sostible. "A edición número 31 destes galardóns celebrarase o próximo 29 de novembro en Zaragoza, e non poderiamos estar máis orgullosos de formar parte deste evento tan importante. Queremos agradecer á organización e ao xurado pola súa consideración e nominacións. Estamos desexando compartir este momento coa gran familia de Nudesa e co sector porcino!", subliña Nudesa.


Moitos parabéns!!



Commenti


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page