Dá positivo no test indiciario de drogas o condutor do camión de polos que volcou en Silleda
- ecosdacomarca

- 16 may 2023
- 1 Min. de lectura
A Garda Civil realizoulle no lugar as probas de alcol e de drogas, dando negativo na primeira e positivo indiciario en THC a segunda, pendente de confirmación por laboratorio
Ecos da Comarca/Silleda

A Garda Civil tivo coñecemento o pasado venres dun accidente ocorrido no km. 186,400 da estrada N-640, localidade de Silleda no está implicado un camión que envorcou sobre a vía.
Ao lugar trasládase unha patrulla do Destacamento de Tráfico da Garda Civil de Lalín, e comproba que hai un camión envorcado, o cal transporta pitos. O seu condutor manifesta atoparse perfectamente sen sufrir ningunha lesión nin precisar asistencia médica.
Tras regular a circulación, identifícase ao citado condutor, un veciño de Ribadumia de 54 anos, á vez que se lle realizan as probas de alcol e de drogas, dando negativo na primeira e positivo indiciario en THC a segunda, pendente de confirmación por laboratorio. Unha vez desprazouse ao lugar outro camión para o transvasamento dos animais, así como a retirada do camión accidentado, restableceuse a circulación, sendo denunciado administrativamente o condutor deste último, por conducir coa presenza de drogas no organismo que, de ser confirmado polo laboratorio, supón unha infracción moi grave que conleva unha sanción de 1.000 euros (500 € coa redución do 50%), e a retirada de seis puntos do seu permiso de condución.
A noticia do accidente publicada o día do mesmo no enlace: https://www.ecosdacomarca.com/post/envorca-un-cami%C3%B3n-de-trasporte-de-polos-en-silleda









Comentarios