top of page

CxL transformará a Rúa dos Viños nun espazo referente para o ocio e a hostelería

Levará a cabo a súa humanización e conversión nun bulevar


Ecos da Comarca/Lalín

O candidato de Compromiso por Lalín, Rafael Cuiña, anuncia que levará no seu programa electoral para as vindeiras municipais a humanización da rúa dos Viños coa súa conversión nun bulevar “moito máis atractivo dende o punto de vista urbanístico e comercial para veciños e visitantes”. Con esta medida, este treito rúa Rosalía de Castro pasará a ser “un espazo referente para o ocio e a hostalaría en Lalín, creando un polo de dinamización económica e social nun lugar estratéxico do casco urbano”.

A proposta de Compromiso retoma e amplía o proxecto que se presentou na campaña electoral do ano 2019 e que pretendía consolidar as medidas adoptadas dende o goberno municipal liderado por CxL para a posta en valor desta zona. “Non puidemos levalo a cabo no seu momento por menos dun cento de votos, pero volverá a ser unha das propostas claves do noso programa electoral co convencemento de que se trata dunha proposta que vai supoñer un antes e despois e que marcará un punto de inflexión no proceso de humanización de Lalín”, di o candidato. Cuiña lembra que unha das medidas adoptadas no anterior mandato foi a peonalización deste tramo de rúa durante as fins de semana e en xornadas festivas, o que todo o mundo recoñece que “foi un éxito e redundou na súa revitalización”.

Preme na imaxe para acceder á web desta empresa.

Lamenta que, fronte a este concepto centrado na xente e na nosa hostalaría, o Partido Popular decidise dar un paso atrás tras a súa chegada ao goberno e apostase por seguir “unha confusa e contraproducente estratexia de peches ao tráfico arbitrarios e aleatorios que non permitiron consolidar o acertado modelo do anterior goberno”. “Para evitar este retroceso”, remarca Cuiña, “a transformación da rúa nun bulevar resulta fundamental” En paralelo, recorda que esta iniciativa non afectaría ao estacionamento, xa que non se trata dunha vía de circulación neurálxica dentro do entramado urbano e tendo en conta que nesa parte da rúa non existen xa prazas para aparcar. Ademais, facilitaríase o acceso a través da rúa Fontesanguiña aos poucos garaxes que hai na zona e ao párking do campo da feira, un espazo que constitúe un elemento fundamental para a humanización que defende Compromiso.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

O bulevar proposto por Compromiso incluiría unha zona central axardinada, a colocación de novas árbores ao longo da rúa, a eliminación de desniveis ou a colocación de iluminación led na calzada. Tamén levaría unha cubrición téxtil parcial ao longo da rúa, o que permitiría a protección fronte o sol e fronte á choiva e propiciaría a colocación de terrazas e a celebración de eventos dinamizadores durante todo o ano. Ao mesmo tempo, este deseño permitiría que se complementase o modelo urbanístico e comercial integral que iniciou o anterior goberno coa reforma da parte de arriba da praza de Abastos. Tamén tería continuidade con outras iniciativas de ámbito comercial, hostaleiro e social que ten Compromiso para esa zona.

コメント


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page