top of page

CxL e o PSOE lamentan a perda de fondos europeos para o pavillón e a antiga piscina de Lalín

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Lalín

Compromiso por Lalín e o PSOE lamentan a perda de fondos europeos para o pavillón e a antiga piscina de Lalín. CxL tilda de "nefasta" a xestión do alcalde, José Crespo, e os socialistas reprochan a "perda de oportunidades para mellorar Lalín a través do plan de recuperación".


O candidato de Compromiso por Lalín, Rafael Cuiña, lamenta a incapacidade de Crespo para obter fondos europeos cos que financiar a reforma do pavillón municipal e a antiga piscina. Considera que a resolución do Ministerio de Axenda Urbana “fai saltar polos aires a imaxe de bo xestor da que presume o actual polo alcalde, ao que se lle enche a boca todos os días falando da súa destreza para acadar cartos doutras administracións”.

“Dime de que presumes e direiche do que careces”, parafrasea Cuiña antes de engadir que “estamos ante a constatación da nefasta xestión na que está sumido o Concello de Lalín co Partido Popular”. Con esta resolución “desmorónase por completo o castelo de infografías no aire detrás do que Crespo pretende disimular a súa falta de solvencia”.


Mostra disto, sinala, é que os proxectos presentados a esta convocatoria fallan en cuestións básicas. Nun caso, a iniciativa presentada polo Concello non cumpre nin os requisitos mínimos para ser valorada e no outro, non é capaz de pasar a puntuación de corte.


A Cuiña cónstalle que "Crespo tiña planeado empregar estas iniciativas de maneira partidista anunciando a obtención deses cartos en plena campaña electoral. Porén, agora que“a súa continua fuxida cara adiante propagandística se dá de fociños coa realidade, cala nun claro síntoma de covardía política- Dende cando coñecían esta resolución e por que lla intentaron ocultar á cidadanía?”, pregunta o candidato, quen contrasta esta postura co “alarde propagandístico” que se empregou cando se presentaron a iniciativas.

Cuiña alerta da “deliberada ocultación” de Crespo ante este “fiasco”, tendo en conta que a resolución do Ministerio está asinada o 31 de marzo e publicada o 3 de abril. "Hai días que o Concello debería ser coñecedor desta situación, pero optou por non dicir nada e mirar cara outro lado". Neste escenario, Cuiña considera necesario que alguén asuma responsabilidades por esta cuestión. Tamén “queremos saber que concelleiro vai saír a dar cara por Crespo, como é norma habitual neste goberno”, di.

Ao mesmo tempo, afonda en que “Crespo está moi afeito a xogar ás infografías para intentar enganar ao electorado, pero carece do rigor e da seriedade para facer propostas cribles que permitan acadar financiamento de outras administracións”. Lembra, por exemplo, que o actual rexedor fía constantemente á obtención de fondos europeos a execución da súa `gran praza´. Visto o visto, e de volver gobernar o PP, “ese despilfarro millonario en época de crise acabaría saíndo do peto de todos os lalinenses”.


“O PP”, sentencia Compromiso por Lalín, “non sabe nin disparar a porta cando lle deixan a pelota en liña de gol”

Fronte a este preocupante escenario, Cuiña pon en valor "o traballo ben feito e o rigor do anterior goberno, que foi capaz de acadar máis de cinco millóns de euros de fondos europeos para o desenvolvemento da estratexia DUSI con proxectos fundamentais e estratéxicos para a modernización e transformación de Lalín". Recorda, por exemplo, a humanización da avenida Xosé Cuiña ou das rúas Principal e Loriga ou a recuperación dos núcleos históricos de Lalín de Arriba ou de Donramiro, entre moitos outros. “Por desgraza, o goberno de Crespo nin sequera soubo executar algúns deles en máis de catro anos, malia que quedaron preparados e deseñados durante o anterior mandato”, lamenta Cuiña. “O PP”, sentencia, “non sabe nin disparar a porta cando lle deixan a pelota en liña de gol”.

Finalmente, Cuiña lembra que Compromiso apoiou no seu día a Axenda Urbana para que, precisamente, resultase máis doado obter fondos europeos. "Cos antecedentes que nos deixa este mandato, moito nos tememos que quizais o de Crespo non sexa o goberno máis capacitado para acadar nin para xestionar este tipo de recursos”.


“Estamos perdendo millóns de euros que mellorarían a vida da cidadanía, pero Crespo está a otras cousas”, sinala o PSOE

Pola súa banda, os socialistas de Lalín tamén lamentan as continuas oportunidades perdidas polo Concello de Lalín á hora de acceder as oportunidades que se abriron a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, aprobado pola Unión Europea e polo Goberno de España. “Estamos perdendo millóns de euros que mellorarían a vida da cidadanía, pero Crespo está a otras cousas”, aseguran dende a bancada socialista.


O Ministerio de Axenda Urbana fixo pública a resolución provisional da liña 2 da

convocatoria das axudas para a Rehabilitación de Edificios Públicos (Pirep), dotado cun

investimento de máis de mil millóns de euros.No que respecta ao proxecto para a reforma

das piscinas, a comisión xustifica a súa postura alegando que a solicitude do Concello de

Lalín incumpre co requisito de aforro enerxético de reducir, polo menos, o 30 % no

indicador global de consumo de enerxía primaria non renovable da edificación. “Mentres

endebeda o Concello en máis de 10M€ volve perder fondos europeos para Lalín por

presentar proxectos deficientes ou que incumpren os obxectivos dos programas”,

expoñen os/as socialistas e engaden que “o abandono da antiga piscina é o paradigma da

xestión despilfarradora de Crespo”.

Preme na imaxe para acceder á web desta empresa.

Ante isto, pregúntanlle ao alcalde cal é o seu proxecto para este espazo, no caso de que

a resolución final sexa a mesma, “porque non pode seguir abandonado e deteriorándose.

Cos seus grandes proxectos, provocou que estas instalacións, que eran homologadas e

válidas para competir, e que tiñan unha alta demanda quedasen sen uso ningún e sen un

proxecto para as mesmas, como nos ten acostumados”.


Así mesmo, a advirten que “non hai moito dicían que eses fondos non ían chegar a vilas

como Lalín, pero a realidade é que o PP está perdendo, pola incapacidade de xestión de

Crespo, unha oportunidade única para transformar o noso municipio a través do Plan de

Recuperación. A nosa veciñanza está pagando, anos despois, as súas políticas de

dispendio”.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Os socialistas consideran que un Crespo “que non cre nas políticas europeas de mellora dos espazos urbanos, nas enerxías renovables e en mellorar edificios, coma o da piscina que necesitan un proxecto urxente, difícilmente vai apostar polos modelos que promove a UE”. Dende a bancada socialista lamentan que siga "tirando o diñeiro, porque a nosa veciñanza será a que pague as súas políticas de despilfarro e chegará un punto

que non ao Concello lle costará recuperarse”.


Dende o grupo socialista comprométense a traballar para non perder as subvencións para

proxectos que son beneficiosos para Lalín e “traballaremos para levalos a cabo, sen

perder tempo nin cartos”.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page