Esta iniciativa, en colaboración coa Fundación Juana de Vega, terá lugar os días 18 e 19 de maio
Laura Moure/Arzúa
A Fundación Juana de Vega promove en colaboración coa EFA Piñeiral o curso Innovación en márketing, branding e packaging nas empresas agroalimentarias, que se desenvolverá na sede da EFA Piñeiral, en Arzúa, os días 18 e 19 de maio, en horario de 9:30 a 14:30 horas.
Este curso está dirixido a persoas emprendedoras, produtores e transformadores agroalimentarios e demais persoas interesadas.
A acción formativa contará con sesión impartidas por expertos en márketing como Xosé Luis Reza (Presidente do Cluster do Ecommerce Galego), Xosé Teiga (Teiga Studio), Rosa Pumar ( Axencia Imaxe) e Alfonso Pérez (CEO en Foodtec)
Máis información na imaxe:


Comments