top of page

Cunicultura nun escenario cambiante e optimización de datos en vacún de leite súmanse á Abanca Cimag-GandAgro 2025

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Esta cita terá lugar do 20 ao 22 de febreiro na Feira Internacional de Galicia ABANCA, en Silleda


Ecos da Comarca/Silleda

A feira Abanca Cimag-GandAgro 2025, a cal terá lugar do 20 ao 22 de febreiro na Feira Internacional de Galicia ABANCA, en Silleda (Pontevedra), suma outras dúas xornadas dirixidas a un perfil técnico do sector gandeiro. Así, o último día da feira a cooperativa Cogal organizará unha xornada monográfica para cunicultores, a cal se enfocará en dous temas de relevancia.

foto

Por unha banda, analizarase a cunicultura nun escenario cambiante, por parte de Manuel Marco, presidente da Asociación de Veterinarios Especializados en Cunicultura (Avecu) e director técnico en coellos de Nutreco Animal Nutrition para España e Portugal. Ademais, farase unha revisión da situación actual da xenética Hyplus en cunicultura e dos elementos crave para a adecuada expresión do potencial xenético por parte de Claude Barré e Gaizka Urbina, da empresa Hypharma.


Publicidade

ANUNCIO
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Por outra banda, o venres 21 de febreiro, levarase a cabo a xornada “Optimización de datos en granxas de vacún de leite, o impacto de Dairy Compass na toma de decisións”, organizada por De Heus.


Foro para a transferencia de coñecementos

Estas xornadas forman parte dun completo programa de conferencias dirixidas a profesionais que abordarán interesantes aspectos relacionados con diversos tipos de gandería. Ademais, a agricultura e a maquinaria agrícola serán protagonistas doutros atractivos encontros.


PUBLICIDADE
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Con todo iso, Abanca Cimag-GandAgro 2025 converterase unha vez máis nun foro de análise e debate, un necesario espazo de transferencia de coñecementos que contribúa ao desenvolvemento do sector.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page