Amosará ao público unha ampla mostra dos menús que elaboran e comercializan
Laura Moure/Silleda
A empresa dezá Culinaria anuncia que participa na Feira Semana Verde de Galicia cun stand (H4) no Pavillón 1 –área profesional- no que ofrecerá diversas degustacións. Coa súa presenza acércase ao público dende un certame que está a ser un escaparate de Galicia para o mundo.
Durante catro días (do 8 ó 11 de xuño), Culinaria realizará un completo programa
destinado tanto a profesionais como a visitantes, cunha coidada exposición e selección de pratos elaborados sen aditivos nin conservantes e con materias primas galegas de primeira calidade, entre os que figuran ensaladas e entrantes, carnes, arroces e prostres.
Con esta ampla variedade, Culinaria quere achegar a cociña rica, caseira e natural que
se elabora diariamente nas cociñas que a empresa ten en Silleda e que se comercializa
en toda Galicia, aos visitantes e profesionais que se acerquen á Semana Verde. Concretamente, entre as 12:00 e as 15:00 horas poderán degustarse diferentes tipos de
ensaladas frías, cremas frías, arroces e carnes cociñadas a baixa temperatura, incluído
o Galo de Vila de Cruces (asado e guisado).
Nas catro xornadas de apertura da Feira, os cociñeiros de Culinaria elaborarán un total
de 3.500 racións-degustación que se ofrecerán ao público.
A empresa Culinaria conta cunha planta de produción propia de máis de 2.500 metros
cadrados situada na Comarca de Deza, no corazón de Galicia, dende a que se elaboran
entre 15.000 e 20.000 pratos día que se serven a uns 6.000 comensais diarios de toda
a comunidade galega.
Comments