top of page

Cuiña recrimínalle a Crespo e ao PP que miren cara outro lado ante situación da Sanidade pública

Non pode ser que a Xunta se atreva a xustificar que dous anciáns teñan que estar agardando ata hora e media por unha ambulancia”, lamenta Compromiso por Lalín


Ecos da Comarca/Lalín

O candidato de Compromiso por Lalín, Rafael Cuiña, reprochoulle este sábado al alcalde do municipio, José Crespo, que siga mirando para outro lado diante dos “intolerables problemas e carencias que padecen os usuarios e usuarias da sanidade pública en Lalín”. Lamenta que o actual rexedor prefira ser “cómplice dunha situación que pode levar a consecuencias dramáticas antes que reivindicar con firmeza ante os seus compañeiros de partido no Parlamento e no Goberno galego as melloras que precisa Lalín con urxencia no eido sanitario”. Nesta liña, pregunta se para Crespo son máis prioritarios os seus intereses políticos ou a saúde dos seus veciños.

Cuiña sabe que, neste caso, Crespo está “nunha posición delicada dende o punto de vista político porque reclamar a estas alturas melloras como unha nova ambulancia ou o incremento de persoal deixaría en evidencia, unha vez máis, o seu engano masivo”. Esas cuestións formaban parte do primeiro punto do seu programa electoral, xunto coa construción dun CIS “que deixou atado o anterior goberno e que co PP acumula xa case catro anos de retraso”. Neste contexto, “estamos vendo día tras día como os incumprimentos do PP con Lalín deixan circunstancias inxustificables e que poderían ser terribles”. Segundo se coñeceu hoxe (por onte), "no mesmo día e case á mesma hora á que o Partido Popular votou en contra dunha nova ambulancia, unha veciña de avanzada idade tiña que agardar 50 minutos a que chegase un vehículo de emerxencias; noutro punto da comarca, en Dozón, outro ancián esperou unha hora e media".

Preme na imaxe para acceder á web desta empresa.

“Independentemente de que falamos da vida das persoas que están nunha situación máis vulnerable”, ao candidato de Compromiso resúltalle incomprensible que a Xunta se atreva a xustificar estes “inasumibles tempos de atención”. E o que “xa cae polo seu propio peso” é o argumento esgrimido polo PP para votar en contra dunha nova ambulancia. “É certo que hai dous helicópteros en Galicia”, explica Cuiña, “pero se o caso de Dozón chega a ser grave non podería ter voado ata alí, ao ser xa de noite”. Neste contexto, o candidato de CxL comprométese a que se volve ser alcalde, unha das primeiras cousas que fará será acudir á Consellería de Sanidade para reclamar “con respecto institucional, pero con firmeza” que se dea cumprimento inmediato a estas demandas: nova ambulancia e incremento de persoal.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

“Crespo presume moito de negociación, pero os resultados neste eido fundamental para o benestar da xente están a ser totalmente nulos”, apunta Cuiña, quen conclúe dicindo que “o único que o alcalde fixo ata agora foi facer visitas ás atrasadas obras do CIS para presumir ante os amigos”.


“A próxima vez”, sinala, “estaría ben que os levase tamén a coñecer o estado de decrepitude do actual Centro de Saúde, onde a día de hoxe teñen que traballar os profesionais sanitarios da comarca e recibir atención os pacientes de Lalín”.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page