Esíxelle que garanta os mesmos dereitos para a toda a veciñanza
Ecos da Comarca/Lalín
O coordinador do grupo municipal e candidato de Compromiso por Lalín, Rafael Cuiña, reclámalle ao goberno de Crespo “que deixe de discriminar de maneira inxustificable a veciños e veciñas co proxecto de saneamento para a parroquia da Xesta”.
Tras coñecerse que varios afectados terán que pagar do seu peto o enganche á rede incluso en terreos públicos, Cuiña insiste en que o goberno está na obriga de garantir os mesmos dereitos para todos e todas independentemente da súa suposta afinidade política ou ideolóxica. “A democracia consiste niso”, lémbralle ao PP.

Cuiña considera que detrás desta “situación discriminatoria e carente de toda lóxica administrativa tan só hai un novo e evidente exemplo de sectarismo cos que o Partido Popular considera que non son dos seus”. “É demasiada casualidade que as persoas prexudicadas por esta situación sexan precisamente as que son”, di.
“Estamos, polo tanto, ante un goberno que, en función dos seus intereses partidistas, sigue empeñado en dividir á veciñanza en bos e malos e, o que aínda resulta peor, trata de castigar a todas aquelas persoas que non considera próximas dende o punto de vista político”, sostén.
Cuiña lembra que, “independentemente do que pensen ou deixen de pensar, todos os cidadáns de Lalín pagan os seus impostos e ninguén ten máis ou menos dereitos por votar a un ou a outro partido”. Porén, lamenta que o PP siga a “empregar rudimentarias tácticas políticas de tempos que deberan estar máis que superados”.
O rexedor palense considera necesario dar resposta a unha constante demanda de vivenda neste municipio e por iso, o ente municipial estaría disposto a ofertar terreo en colaboración co Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), a fin, de posibilitar a construción de novas vivendas neste concello.
Cuiña lembra que ningún dos veciños afectados está poñendo problemas a facerse cargo dos enganches co colector principal na medida en que sexa en terreos da súa propiedade. Porén, o que carece de toda lóxica e sentido é que se descargue na veciñanza a responsabilidade de asumir actuacións que afectan a camiños e propiedades públicas.
Esta situación fará que os afectados teñan que facer un importante investimento para poder contar con este servizo, xa que o Concello, en realidade, "non o está garantindo porque ou ben deseñou mal o proxecto ou ben lles importan moi pouco as necesidades da veciñanza".
Comments