top of page

Cuiña comprométese a facer da mancomunidade "un organismo útil, rigoroso e serio" se é alcalde

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Lalín

O candidato á Alcaldía de Compromiso por Lalín, Rafael Cuiña, comprometeuse este martes a reactivar a Mancomunidade Terras de Deza en caso de volver a ser alcalde tras as eleccións do vindeiro 28 de maio. Cuiña insiste en que, ao contrario do que fixo o PP neste mandato, cómpre tomar as medidas necesarias para facer desta entidade un organismo “útil, serio e rigoroso e que achegue máis servizos e valor engadido aos municipios da zona”.

Neste contexto, Cuiña lembra que, “tal e como eu augurei durante estes anos, a Mancomunidade está absolutamente morta por culpa das inaceptables manobras do Partido Popular, que a converteu nun circo lamentable”. Sinala a varios responsables desta situación, dous directos e un indirecto: de maneira directa culpa ao actual delegado da Xunta en Pontevedra, Luís López, e ao actual rexedor de Lalín, José Crespo Iglesias. Por último, ao alcalde de Vila de Cruces, Luis Taboada, que “neste circo, deixouse utilizar polo PP como unha marioneta para evitar que fosen outras formacións, seguramente máis comprometidas, as que impulsasen o traballo e o futuro da Mancomunidade”.


“Crespo é o enterrador da Mancomunidade”, proclama Cuiña, e repróchalle que, “como fai

habitualmente nas súas ansias de controlalo todo, puxese os intereses do seu partido por

enriba dos intereses xerais, que son os intereses do conxunto das veciñas e veciños da

comarca do Deza".

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Froito desta situación, o candidato de Compromiso tamén recorda que o Concello de Lalín

paga na actualidade 60.000 mil euros ao ano por formar parte desta entidade. “Esa cantidade verase incrementada polas baixas que houbo ao longo deste mandato, como a do Concello de Agolada”, explica. En definitiva, “e ao contrario do que lle pasaba ao rei Midas, todo o que toca Crespo acaba converténdose en débeda e en gasto de cartos públicos”.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page