top of page

Cuiña censura "o tour da infamia" de Crespo polas aldeas de Lalín para "enganar de novo á xente"

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Lalín

O candidato de Compromiso por Lalín, Rafael Cuiña, cualificou este sábado de “tour da infamia” as reunións veciñais que está a convocar Crespo nas aldeas de Lalín a pouco máis de 80 días para a celebración das eleccións municipais. Considera que ese “tour da infamia” de Crespo acabarase convertendo na “xira das mentiras”, xa que lle consta que “o descontento en numerosas parroquias vai facer que os veciños e veciñas lle canten as corenta” .

Así, o candidato de Compromiso salienta que o actual rexedor “non tivo nin un segundo durante catro anos para acordarse das acuciantes necesidades do rural” e que “so é agora, en plena pre-campaña, cando se lembra de que alí vive xente e de que esa xente tamén precisa melloras nas súas aldeas”.


Advirte, en todo caso, de que “no ánimo de Crespo non está o de darlle resposta a estas peticións, senón o de intentar enganar de novo á veciñanza para apañar algúns votos”. “É absolutamente escandaloso que só se lembre deles para iso”, sentencia.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Cuiña suxírelle a Crespo que mellor aproveite estas reunións para dar explicacións sobre todos os incumprimentos co rural deste mandato ou do escurantismo coas peticións veciñais. Lembra, por exemplo, a negativa do PP a facilitar os documentos coas demandas feitas pola cidadanía do rural e asinadas polo goberno local.


Por último, Cuiña critica que Crespo estea a convocar eses encontros nas parroquias como alcalde cando, en realidade, “non deixan de ser máis que mitins do Partido Popular”. “Estamos”, di, “ante un exemplo máis de como o PP mestura sen rubor a propaganda e o partidismo barato coa súa responsabilidade institucional e de como intenta insultar á intelixencia dunhas veciñas e veciños que están fartos de tantas promesas e de tan poucos feitos”.



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page